🎼 I Xornadas de Pedagoxía Musical

📅 16 e 17 de decembro de 2025

📍 Auditorio Andrés Gaos – Conservatorio Superior de Música da Coruña

CARTEL JORNADAS
CARTEL programa (1)

O CSM da Coruña acolle as I Xornadas de Pedagoxía Musical, un espazo de encontro, reflexión e formación arredor da educación musical, dirixido a estudantes, profesorado e persoas interesadas na docencia musical.

🔓 Entrada libre, con posibilidade de participar activamente nos obradoiros e nos turnos de preguntas das mesas redondas, ou ben asistir como público.

🗓 Martes, 16 de decembro

🕙 10:00–11:30 h
Obradoiro Dalcroze · Adriana García
Traballo do movemento na rítmica Dalcroze e aproximación ao solfexo Dalcroze.

🕦 11:45–12:45 h
Obradoiro de didáctica ACNEAE · Janet Salinas
Adaptación de actividades para alumnado con necesidades específicas: unha aproximación práctica.

🕐 13:00–14:00 h
Mesa redonda: “Unindo forzas”
Asociacións musicais · María Martín, Tamara Vázquez, Marta Sancho, Adriana García
Formas nas que alumnado e profesorado poden asociarse para maximizar as súas posibilidades de éxito profesional (Federación de asociacións de estudantes, SEM-EE…).

🕟 16:30–17:45 h
Mesa redonda: “E agora que? O paso da carreira ao mundo profesional”
Estefanía García, Alejandra Medín, Alejandro García, Xián Ardións
Testemuños de exalumnado de Pedagoxía no seu tránsito á docencia en distintas etapas educativas.

🕕 18:00–20:00 h
Obradoiro de iniciación á didáctica da Linguaxe Musical · Adriana García
Métodos e recursos para o ensino da Linguaxe Musical, con actividades aplicables tamén a outros niveis educativos (primaria e secundaria).

🗓 Mércores, 17 de decembro

🕙 10:00–11:00 h
Obradoiro Orff · Iris Gil
Actividades prácticas para o desenvolvemento musical en distintas etapas.

🕚 11:00–12:00 h
Obradoiro de improvisación vocal · Adriana García
Actividades corais de improvisación e circle songs. A súa influencia no desenvolvemento auditivo e da entoación consciente.

🕧 12:30–14:00 h
Mesa redonda: “A pedagoxía musical no ensino superior”
Matilde Rubio (A Coruña), Ana Franqueira (Vigo), Olivia Fernández (Oviedo), Laura Tojeiro (USC), Adriana García, Janet Salinas.

Anterior CORO: LA CORAL DE SONIDOS

Deje su comentario

Diseño Web GVT GALLEGA S.L © 2021. All Rights Reserved