Andrés Vales González, comezou a súa carreira musical como trompetista na cidade suíza de Basilea aos oito anos, despois mudouse a vivir á Coruña, onde continuou os seus estudos no Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Con quince anos deu o seu primeiro concerto como solista no Teatro Colón. En 1987 obtivo unha bolsa para estudar no estranxeiro, trasladouse a Graz (Austria) onde perfeccionou no "Konservatorium Landes Steyermark" co profesor G. Kindler, nestes anos tamén se uniu á Young Orchestra e ao grupo de metais dese centro.

Ao seu regreso entrou a formar parte da Orquestra do Concello da Coruña, alternando esta actividade coa docencia no Conservatorio de Vilalba e posteriormente no Conservatorio de Ourense. Dende 1992 imparte clases no Conservatorio Superior de Música da Coruña. Entre os seus profesores podemos citar: G. Kindler, J. Aigi Hurn, J. María Ortí, Roberto Ramírez.

Anterior Aída Lozano / Trompa