- O noso centro
- Información académica
- Actividades
- Eventos
- Secretaría virtual
- Erasmus
- Contacto
- AULA VIRTUAL
- ACCESO CODEX
Acoso
PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR
administracion@csmcoruna.com
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou o Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar, e a actualización do Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar co fin de dar resposta a este tipo de situacións nos centros educativos da nosa comunidade autónoma.
Unha das medidas establecidas nestes documentos foi a instalación dun Punto Laranxa físico en cada un dos centros de ensino para denunciar posibles situacións de acoso ou ciberacoso escolar. No noso centro, este Punto atópase entre a entrada, a conserxería e a cafetería e conta cunha caixa onde calquera pode depositar información.
De igual maneira, estableceuse un Punto Laranxa virtual na páxina web do centro coa mesma función: a de informar sobre situacións de posible acoso e ciberacoso escolar.
Outra medida foi a constitución do Equipo ACAE (Equipo de Actuación Contra o Acoso Escolar), que ten coma misión poñer en práctica o establecido no decreto no relativo á detección e á intervención ante posibles casos de acoso e ciberacoso escolar. Este equipo está formado por:
- A dirección do centro: Julio Mourenza
- A Xefatura do departamento de orientación:
- A coordinadora de benestar e convivencia do IES:
- Un/unha docente nomeado/a pola dirección do centro para cada caso en función do alumnado implicado, que será a persoa instrutora do procedemento corrector, de ser necesario.
As mensaxes que se envíen a través da caixa física e da virtual serán lidas exclusivamente polo equipo ACAE do instituto. Todo o que comentedes será tratado co máximo respecto, discreción e confidencialidade.