Director musical e saxofonista de Vertixe Sonora desde a súa formación en 2010, ten realizado máis de 100 estreas absolutas de compositores de todo o mundo, contribuíndo ao desenvolvemento do repertorio de saxofón para instrumento solo, cámara e ensemble con ou sen electrónica. Previamente, desenvolveu a súa actividade musical co Ensemble Fonos21 e o S@X21-cuarteto de saxofóns, con numerosas estreas en España do repertorio de cuarteto de saxofóns. É colaborador habitual da Real Filharmonía de Galicia e profesor de saxofón e música contemporánea no CSM A Coruña. É responsable do IXOR, proxecto educativo en torno á música contemporánea no CSM da Coruña.
Anterior Julio Cabo / Flauta