Correo electrónico: xafern@yahoo.es

Xavier Fernández (Violín)

Naceu en Lugo, en 1981. Estudou o grao superior de violin no Conservatório da Coruña, tendo como profesores a Laura Quintillán, Javier Cedrón e Rogelio Groba e participando en numerosos cursos e seminarios de interpretación (Lisboa, Barcelona, Utrecht). En paralelo, viría a graduarse en Maxisterio e en Dereito, exercendo nun escritorio de avogados durante varios anos. Posteriormente, focalizou o seu traballo no ámbito da Musicoloxia, obtendo a dita licenciatura no ano 2009 e especializándose no deseño de materiais para o ensino da música. O seu último foco de interese foi a Antropoloxia (UNED, 2019) disciplina en que participou en numerosos Congresos e desenvolveu traballo de campo, con énfase na antropoloxia lingüística, a cultura material e a memoria histórica. Actualmente, está a terminar os estudos de Ciencia Política, ao mesmo tempo que traballa na sua Tese de Doutoramento sobre educación e conflicto político en perspectiva comparada. Foi profesor en diversos escolas e centros de ensino en todos os niveis educativos, tanto de disciplinas prácticas como teóricas, especialmente nos Conservatorios de Córdoba e Málaga, desde 2018. En paralelo á docencia, participa en varios proxectos interpretativos, orquestrais e de cámara, sobre todo na Orquestra de Cámara Galega, formación que considera o cerne da súa formación como músico. Posúe os certificados B2 das linguas inglesa e portuguesa.

Anterior Nuria Lorenzo López