Javier Monteagudo Mañas (Quart de Poblet – Valencia, 1988).

Javier é Doutor en Arte: Produción e Investigación pola Universitat Politècnica de València, Máster en Investigación Musical pola Universidade Internacional de Valencia e Titulado Superior na especialidade de Tuba polo Conservatorio Superior de Música “Joaquin Rodrigo” de València.

Estudou no Chicago College of Performing Arts da Roosevelt University de Chicago cos profesores Gene Pokorny e Charles Schuchat, onde recibiu o Diploma Profesional en Estudos Orquestrais. Formou parte da Joven Orquesta Nacional de España, a Civic Orchestra of Chicago e colaborara en varias ocasións coa Orquestra de la Comunitat Valenciana – Palau de Les Arts e a Guangzhou Symphony Orchestra de China. Foi músico da Banda Municipal de Música de Badajoz entre 2017 e 2021 e profesor do Conservatorio Superior de Música “Rafael Orozco” de Córdoba. Actualmente, é catedrático interino de Tuba e director da Brass Band do Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Anterior Íñigo Azurmendi / Contrabajo