Correo electrónico: hector.gonzalez@edu.xunta.gal

Nado en Mieres (Asturias), obtivo o título Superior de trombón no Conservatorio Superior de Música de Asturias en 2011. En 2018 estudou o Máster en Investigación Musical na VIU. Actualmente realiza a súa tese de doutoramento na Universidad de Oviedo.

No ámbito orquestral, foi membro da Orquestra Xuvenil Nacional de España (JONDE) e da Orquestra Xuvenil da Unión Europea (EUYO), coas que actuou nalgunhas das salas de concertos máis prestixiosas de Europa e Asia. 

Colabora habitualmente coa Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias, a Oviedo Filarmonía (OFIL), a Orquestra do Gran Teatre del Liceu de Barcelona e a Orquestra de Macau, entre outras.

Foi profesor de trombón nos conservatorios de Cáceres, Mérida, Astorga e Ponferrada. Actualmente é catedrático interino de trombón no Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Anterior Arturo Centelles / Trombón