email de contacto: diegosegade@gmail.com

Nacido en Lugo, Diego Segade comeza os seus estudos musicais á idade de nove anos no Conservatorio Profesional de Música de Lugo, proseguíndoos no Conservatorio Superior de Música de Oviedo baixo a cátedra do profesor de viola Luís Magín Muñiz e Tsiala Kvernadze na especialidade de Música de Cámara. No ano 2014 finalizou o Máster en Interpretación Histórica con Emilio Moreno na Universidade Autónoma de Barcelona e Esmuc. No ano 2019 remata os estudos de dirección de orquestra no Conservatorio Superior de Música da Coruña. Ademais da súa formación académica realizou cursos na especialidade de viola con Jesse Levine, Emil Cantor, Yizhak Schotten, Laura Dawnson, David Quiggle, Julia Gartemann, etc. Debido ao seu interese pola dirección asistiu a varios cursos e seminarios con Ros Marbá, Santiago Serrate, Antonio García de Paz, Andrés Salgado e Miguel Romea.

Diego Segade formouse orquestalmente en diversas agrupacións musicais como a Joven Orquesta Sinfónica de Galicia, a Joven Orquesta del Principado de Asturias, Junge Philharmonie Thuringia, Radio International American Side, ou Joven Orquesta Nacional de España, realizando xiras por España, Francia, Bélxica e Alemaña. Nas devanditas formacións estivo baixo a batuta de directores como James Ross, Pietro Rizzo, Michael Gilbert, Peter Kuhn, Josep Pons, Peter Rundel, Lutz Köhler, Alberto Zedda, etc; compartindo escenario con solistas da talla de Ivo Pogorelich, Alexei Volodín, Gordan Nicolich, Enrico Onofri, Jordi Savall entre outros. Durante a súa permanencia na Jonde participou na gravación dos Gurrelieder de Schoenberg para a discográfica Deustche Grammophon.

Como músico de orquestra foi membro da Orquestra Sinfónica de León Odón Alonso, a Orquestra Sinfónica de Gijón, Orquestra Cámara Galega, Orquestra 430 de Vigo, a L’Orquesta El Teatre Instrumental e colaborou coa Orquesta Sinfónica del Principado de Asturias e a Orquesta Sinfónica de Tenerife.

Na súa faceta como director dirixiu a Orquestra 430 de Vigo e realizou seccionais coa Orquesta Gaos e a Joven Orquesta de Galicia. É fundador do Mutatio Ensemble co que estrena unha nova version da Historia do Soldado de Stravinsky no Festival do Corpus en Lugo.

Na actualidade é profesor de viola no Conservatorio Superior de Música da Coruña e codirector do Festival de Música clásica Son As Pontes.

Anterior Pablo Coello / Saxofón