Profesora de trompa do CSM de A Coruña, participa activamente como intérprete en bandas e orquestras galegas. Ten participado en festivais orquestrais por toda Europa (Suecia, Holanda, Italia, Noruega, etc.) e recibido clases de grandes intérpretes da trompa (Vlatckovich, Michael Thompson, Froydis Ree Wekre, Terwilliger, Justafré, Zarzo…).
No ámbito da música de cámara é membro fundador do cuarteto de trompas femenino “CatroCores” co que realizan concertos por toda Galicia.
 Ten un máster da Escola Superior de Música de Cataluña en “Estudios avanzados en Interpretación: instrumentos de la música clásica y contemporánea”.
 Formouse  en trompa natural con  Jorge Rentería e participou en diversos festivais e cursos de música antiga como o “Early music Summer School” celebrado anualmente no Conservatorio de Amsterdam.
  Actualmente cursa os sus estudos doutorais na Universidade Politécnica de Valencia, dentro do programa de doutorado en Arte, producción e investigación.
Anterior Iago Ríos / Trombón