Correo electrónico: pablocoello@yahoo.es
Pablo Coello
Director musical e saxofonista de Vertixe Sonora desde a súa creación en 2010, ten realizado máis de 250 estreas absolutas de compositores de todo o mundo, contribuíndo ao desenvolvemento do repertorio de saxofón para instrumento solo, cámara e ensemble con ou sen electrónica. Tamén como membro de S@X21 cuarteto de saxofóns presentou es España as máis imporrtantes composicións parae esta formación camerística. É colaborador habitual da Real Filharmonía de Galicia, catedrático de saxofón e profesor de música contemporánea no CSM A Coruña.